
#GDW22
24-30 Xuño 2022
A Coruña & Online
A primeira edición da Galicia Design Week, continuación de #follow20, #followSS21 e #GDW21, é unha celebración do deseño co obxectivo de achegalo ao gran público, fomentar a conexión e intercambio da Coruña e Galicia co exterior, poñer en valor o seu tecido profesional e o seu patrimonio cultural, e formar a novas xeracións
Un festival gratuíto, cun completo programa de desenvolvemento sostíbel nos eidos ambiental e social e dentro do circuíto internacional de semanas do deseño
Connect
& Play
Catro días de conferencias e presentacións en formato híbrido
Conversas
I Encontro DAG
V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
Venres 24 a
Mércores 29 Xuño
Studio Follow
CIS Tecnoloxía e Deseño
Streaming en gdw.gal
Exposicións e instalacións de deseño
#omellordeseñodoano
#futurodeseñogalego
#novodeseñogalego
Venres 24 Xuño a
Domingo 17 Xullo
Obradoiros e revisión de portfolios dirixido a estudantes e mozxs profesionais
Venres 24 a
Xoves 30 Xuño

Sostibilidade
Un compromiso imprescindible cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU
A GDW promoverá acordos de colaboración con referentes galegos en xestión medioambiental que permitirán ao festival compensar o seu impacto no medio a través de proxectos sostíbeis integrais, nos que á pegada de carbono únense aspectos coma os recursos hídricos ou a educación ambiental
O festival implementará medidas correctoras previas na súa produción, utilizando infraestrutura e materiais promocionais alugados ou reutilizados cada ano, feitos con materiais reciclados ou FSC (paneis, mupis e lonas) ou libres de pvc (vinilos)
Tamén haberá un plan específico para minimizar o impacto ambiental do público (traslados, comidas, residuos…), sedes accesibles, uso exclusivo de electricidade galega de fontes renovables e guía de como proceder ante comportamentos inapropiados
E a inclusión e a perspectiva de xénero estarán no centro de tódalas decisións do festival, desde o equipo ata a programación, cunha porcentaxe de mulleres nunca inferior ao 50%
Animación, Audiovisual, Branding, Dirección Creativa, Dirección de Arte, Dixital, Editorial, Espazo, Fotografía, Gráfica, Moda, Packaging, Produto, Servizos, Son, Tipografía…
Organizan
Socias
Patrocinan
Colaboran
Medios oficiais
Follow deseñou a imaxe do festival coa tipografía galega Mais Grotesk e a web baixo a plataforma Squarespace e coa tipografía Roboto