Exposicións e instalacións de deseño


#omellordeseñodoano
#futurodeseñogalego
#novodeseñogalego

Venres 24 Xuño a
Domingo 17 Xullo

Palexco
Praza de Lugo

 

Visita guiada

Roteiro polas tres exposicións e presentación e sinatura do libro “Vivir del diseño“ de Ana Gea (Gràffica)

Xoves 30 Xuño

18:00 Praza de Lugo
#novodeseñogalego
18:45 Palexco
#omellordeseñodoano
#futurodeseñogalego
19:30 Palexco
”Vivir del diseño”

  • O libro

    O contido de “Vivir del deseño. Instruciones para gestionar tu negocio creativo (si quieres)” foi creado coa intención de compartir coñecementos e experiencias que poidan ser de utilidade e reflexión para un marabilloso colectivo que conta cun talentoso tecido neuronal.

    A tinta que mancha as páxinas do libro debuxa un compás e un percorrido global polo negocio da creatividade e as diferentes etapas da xestión, mostrando posibilidades e camiños a seguir.

    Ao longo de 350 páxinas, o libro aborda cuestións prácticas como a procura de emprego, como ser freelance, como xestionar un estudo de deseño, como buscar clientes, promocionarse, posicionarse, dirixir equipos de traballo, calcular un orzamento ou facer un contrato.

    Tamén se abordan outros aspectos relevantes como a toma de decisións, os retos, os cambios, a xestión das relacións, a soidade, a crítica, o ego, ou a empatía… En definitiva, as realidades de todo aquilo que engloba o día a día da xestión da profesión nos oficios creativos.

    Non esperes atopar verdades absolutas; esas de cando en cando albíscanse na vida. Atoparás maneiras de facer, coñecementos que che abrirán portas, consellos, reflexións e pistas… Moitas pistas para vivir do deseño e poder xestionar un negocio creativo.


    Ana Gea

    É socia fundadora da consultora especializada en deseño e a editorial PalauGea, na que vive experiencias xunto a clientes e dirixe as cabeceiras Gràffica, Mússica, Öbjetto e Universo de Emocións.

    Escribe habitualmente artigos ao redor da xestión do deseño. Exerce a docencia en diferentes universidades e escolas do territorio nacional impartindo materias relacionadas coa xestión do deseño. Forma habitualmente parte do xurado de diversos tribunais e premios do sector creativo nacional e internacional. Participa en eventos como conferenciante e cada ano organiza diferentes actividades, como os Premios Gràffica.

#omellordeseñodoano

Exposición do deseño galego premiado en diferentes certames de prestixio

Premios Galicia de Innovación e Deseño, ADG Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual, ADI de Deseño Industrial, Arquin-FAD de Arquitectura e Interiorismo, Premios COAG e Premios Paraugas


Palexco
Luns a Domingo
12:00-14:00 / 18:00-21:00

 

#futurodeseñogalego

Mostra dos mellores traballos dos centros públicos de deseño galegos

EASD Pablo Picasso, EASD Mestre Mateo, EASD Ramón Falcón, EASD Antonio Faílde, Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa de Moda UVigo e Escola Técnica Superior de Arquitectura UDC

Palexco
Luns a Domingo
12:00-14:00 / 18:00-21:00

 

#novodeseñogalego

Mostra do mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudio coruñés Flu-or

@6ixt4our
@auvexx
@blackurco
@gramatica_arquitectonica
@lavellebike
@martacasalbrand
@nanuc_design
@oeh_studio
@_palmkids
@pquintillan

Praza de Lugo
Luns a Domingo
24 horas