#GDW22x
1 Outubro 2022
Vigo & Online

Nova edición do Galicia Design Weekend, por primeira vez en Vigo, reunindo o mellor deseño galego con referentes de fóra

Vigo convértese na capital do deseño do noroeste peninsular cun festival gratuíto, híbrido e dentro do circuíto internacional de semanas do deseño

Connect
& Play

Conversas
Exposicións
Showroom
Obradoiro

Entrada libre a toda a programación

Conversas

Conversas

Na tarde do sábado 1 de outubro, de 16:00 a 20:00, a nova Galería Maraca de Vigo acolle as conversas da directora de arte Noe Díaz Patiño (Farfetch), dos arquitectos Rvr, da paisaxista María Fandiño, do estudio creativo Cuchillo e do estudio de deseño gráfico Chachachá Studio

E remataremos a xornada cunhas Cervezas Alhambra e coa sesión de Fernandes Dj, que tamén é deseñadora gráfica, ata as 21:30

Noe
Díaz
Patiño

Fotógrafa e Directora de Arte viguesa especializada en moda e sustentabilidade. Na actualidade vive en Porto, onde traballa para a plataforma de moda de luxo Farfetch e nos seus proxectos personais desde a marca Itrynottothink: Adoptaunaprenda, Espacio Nido, Terra Alta do Furnia ou o seu recente podcast Diario Futuro en Spotify.

farfetch.com
itrynottothink.com

Rvr

Estudio de arquitectura santiagués formado por Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez, autores da adecuación da contorna do Faro de Fisterra, da reforma da praza e mirador de Belvís ou do Parque Arqueolóxico do Arte Rupestre en Campo Lameiro.

rvr-arquitectos.es

María
Fandiño

Arquitecta paisaxista galega, nada en Vigo e rosaleira de adopción, con múltiples premios pola súa Explanada do Horizonte, destacando o Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE na categoría de Sostibilidade e Saúde.

mariafandino.com

Cuchillo

Estudio creativo independente especializado en deseñar novas perspectivas e conceptos dixitais contundentes para construir marcas atemporais. Na súa traxectoria fixeron especial énfasis en proxectos tecnolóxicos e interactivos, sempre co deseño e a creatividade por diante e dando moita importancia ao diálogo aberto entre deseño e desenvolvemento de forma que ambos vaian da man.

somoscuchillo.com

Chachacha
Studio

Estudio de deseño gráfico con máis de quince anos en activo e especializado en ilustración, branding e motion graphics. Desde os seus inicios buscan una imaxe e un plantexamento diferenciador, tanto nos seus traballos para clientes como nos seus proxectos propios: a Galería Maraca e a revista Dot.

chachachastudio.com

Exposicións

Exposicións

A Rúa do Príncipe e o COAG de Vigo son as sedes das exposicións #novodeseñogalego e Arquitectura do Camiño

#novodeseño
galego

Mostra do mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudio Flu-or

Fronte ao Náutico do Porto
1– 29 Outubro

Arquitectura
do Camiño

Unha selección de proxectos non residenciais realizados entre os anos Xacobeo 2011 e 2021 comisariada e diseñada polo estudio vigués de arquitectura Castroferro con madeira procedente dos montes de Morgadáns queimados no 2017

COAG Vigo
1-29 Outubro
Martes-Venres 18:00-20:00
Sábados 12:00-14:00 / 17:00-19:00

Showroom

Showroom

Escaparate dixital de creacións de deseño galego

Obradoiro

Obradoiro

O sábado 1 de outubro, de 10:00 a 12:30, Chachacha Studio impartirá un obradoiro na Galería Maraca

Introducción ao deseño de personaxes para animación en motion graphics

Non necesitas experiencia previa, só un portátil ou tablet con algún programa de debuxo ou papel e lapis

  1. Presentación

  2. Introducción

  3. Personaxes: actualidade e estilos

  4. Qué é un personaxe, de onde ven e para qué sirve

  5. Leer un briefing sobre o personaxe e crear os seus valores

  6. Cómo crear o teu personaxe: proporcións, estilo, expresións, posicións, cores

  7. Cómo crear unha familia de personaxes a partir do orixinal

  8. Cómo preparar o personaxe para animalo en After Effects

Animación, Audiovisual, Branding, Dirección Creativa, Dirección de Arte, Dixital, Editorial, Espazo, Fotografía, Gráfica, Moda, Packaging, Produto, Servizos, Son, Tipografía…

Organizan

Patrocina

Colaboran


Equipo

Alex Rico, Antía Alonso, Joana Covelo e Jonay PMatos