Catro días de conferencias e presentacións en formato híbrido
Conversas
Venres 24 Xuño, 16:00-20:00
Sábado 25 Xuño, 11:00-20:00
Studio Follow
Streaming en gdw.gal
I Encontro DAG
Domingo 26 Xuño, 12:00-18:00
Studio Follow
Streaming en gdw.gal
V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
Mércores 29 Xuño, 9:30-13:30
CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)
Streaming en gdw.gal
Entrada gratuíta a toda a programación previa reserva a través da plataforma DICE
Profesionais galegxs misturados con referentes nacionais
Venres 24 Xuño
16:00-20:00
Sábado 25 Xuño
11:00-14:00 / 16:00-20:00
Studio Follow
Streaming en gdw.gal
Venres
16:00-20:00
Kike Besada
CuldeSac
Realmente Bravo
Lucía García Rey
-
Kike Besada, director creativo natural de Vigo. Traballa os últimos 10 anos en Nova York onde desenvolve proxectos como “10 Years of Collaboration” para David Yurman no que colabora co fotógrafo Peter Lindbergh e Kate Moss; "The Edge of the Sea" para La Mer con Mario Sorrenti; ou "The Formation Tour Book" para Beyoncé.
Con 17 anos de experiencia, traballa en distintas áreas do sector: deseño, fotografía, dirección creativa e, máis recentemente, explorando a técnica de collage abstracto.
Desde fai 3 anos, instálase en Madrid, onde funda, xunto coa directora creativa Laura Mujico, o estudo Drama. Unha boutique especializada en deseño artesanal que colabora con clientes internacionais como Apple, Beyoncé, Tory Burch, La Mer, David Yurman e, a nivel local, O Marisquiño.
-
Este estudio creativo valenciano é un espazo no que profesionais de distintos campos crean, dialogan e intercambian coñecementos para transformar negocios e marcas a través do deseño.
Cuestionar as regras forma parte do seu ADN e levan facéndoo 20 anos.
O seu carácter innovador e metodoloxía única baseada na combinación de estratexia, creatividade e deseño de primer nivel fan posible que deseños como o F SolidPod que crearon para Freshly Cosmetics, gañen a medalla de ouro na categoría de coidado persoal dos New York Product Design Awards. Este aplicador de barras de champú e xel recargables está pensado como unha solución alternativa aos envases dun solo uso na industria cosmética.
-
Influenciada polo seu pai, comezou a facer fotografías desde moi nova cunha cámara analóxica. Estos inicios marcaron a forma de traballar de Lucía; centrándose sempre na narrativa por encima da técnica.
Desde 2009, está facendo un diario que a acompaña por todas as cidades e países onde vive, como Berlín, Shanghái, Filipinas ou Suecia.
Este diario, xunto co seu traballo por encargo para marcas e revistas, deixan ao observador cun sentimiento poético e honesto.
O certo é que a arte, o cine, a música e a literatura son unha influencia importante en todos os proxectos de Lucía García Rey.
-
Realmente Bravo naceu en 2014 co obxectivo de aprender a usar unha cámara.
Dous anos máis tarde recibiron unha chamada de AGZ, colectivo formado por C. Tangana, Jerva, Sticky M.A. e outros artistas porque querían un bodegón para a carátula do icónico álbum “Siempre”. A partir de ese momento comezaron a traballar noutros proxectos musicais.
Agora, Paula Schmerz e Vik Autofocus traballan creando créditos e posters para videoclips, cortos ou deseños para festivais internacionais de teatro, danza, música, circo e escena híbrida como o Grec.
Realmente Bravo é experimentación e liberdade en estado puro.
Sábado
11:00-14:00
Flu-or
Designit
Óscar Germade & extratype
Uqui Permui
-
Desde Flu-or entenden a arquitectura como o conxunto de procesos a seguir para chegar a unha fin e entenden esa meta como algo físico ou mental, material ou inmaterial.
O seu campo de actuación xira entorno ás persoas e o seu ambiente, traballando con movemento, situación, sorpresa, encontro e materia. Tratan de axitar e provocar diferentes modos de usar o espazo no que te atopas, alterar a percepción que adoitamos percibir e xerar novas relacións.
Esta forma de traballar é a responsable do seu éxito e de que en 2015 gañaran o primeiro premio Europan polo proxecto "Nice to 'sea' you", un programa de activación urbana cun especial interés en converter o espazo costeiro entre os barrios galegos de As Xubias e A Pasaxe nunha zona produtiva.
-
O traballo de Verónica combina metodoloxías específicas do deseño centrado no ser humano coas novas tecnoloxías e o oficio da arquitectura.
Ademáis da súa actividade profesional, destaca o seu compromiso coa difusión da disciplina como comunicadora e docente. Exemplo disto son as numerosas conferencias e clases que impartiu en lugares como IED ou Miami AD School.
Tras graduarse como Arquitecta pola ETSAM, iniciou a súa carreira profesional desempeñando tareas tradicionais do despacho de arquitectos, desenvolvendo proxectos de rehabilitación inmobiliaria ou deseñando proxectos de interiorismo. Despois do seu posgrado no CSDMM combinou cos seus traballos anteriores de arquitectura habilidades como a comunicación para marcas de moda e a fotografía.
-
Extratype, fundado en 1995, crea tipos de alto calibre para medios analóxicos e dixitais. Abordan cada proxecto con paixón e atención ao detalle, baseándose no seu respeto pola historia da tipografía e os impulsos creativos contemporáneos.
Levan a cabo desde a creación e deseño de logotipos ata a producción de familias tipográficas completas.
Extratype colabora estreitamente con Extra!, un estudo de branding e comunicación visual. Xuntos brindan servizos de comunicación corporativa 360 graos.
Por outra parte, Óscar Germade conta con máis de doce anos de experiencia en deseño gráfico e editorial, así como en construción de marca e desenvolvemento de imaxe e identidade visual. Os seus deseños son eficaces, útiles, honestos e perdurables no tempo e os seus obxectivos como director de arte son a coherencia, a comunicación efectiva e a elevación do carácter de cada firma.
-
A coruñesa Uqui Permui está especializada no deseño de proxectos de comunicación orientados a mellorar a vida das persoas, eliminar desigualdades e incrementar a presencia cidadá.
Do seu estudo saíron proxectos como “Territorio das Mulleres” ou “En negro contra a violencia”, campañas polas que foi premiada e que denuncian e levan á reflexión sobre os abusos e discriminación que sufren as mulleres.
Ademáis, foi cofundadora en 2006 da Asociación Galega de Deseño (DAG), da que foi presidenta ata 2018.
Sábado
16:00-20:00
Eloy Rodríguez & Santi Villamarín
Estefanía Casal
Pablo Amade
Lucía Freitas, Laura Delgado & Idoia Cuesta
-
Ambos traballan para Roche Diabetes Care centrados na necesidade de mellorar a prevención, diagnose, tratamento e seguemento dos pacientes con diabetes, creando ferramentas e optimizando procesos onde a tecnoloxía ten un papel facilitador relevante.
Eloy adícase a xestión de deseño de produto dixital en entornos centrados nas persoas. Traballou en equipos de deseño en sectores como banca, saúde, ciberseguridade e retail para compañías como BBVA, Inditex, Roche, IKEA, MasterCard ou Telefónica.
Santi non sabe se chegou ao deseño por casualidade ou por necesidade. Gústalle atopar e xogar cos límites difusos entre negocio e deseño, atender as necesidades reais das persoas e poñer a tecnoloxía ao servizo dos grandes desafíos que temos nas próximas décadas.
-
Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster de Dirección de Arte Publicitaria. Desde entón enfoca a súa carreira profesional de forma autodidacta en proxectos dixitais, combinando UX/ UI con ilustración e branding. Liderou o deseño de apps e webs para marcas como Samsung, Camper ou Jac Motors traballando cun amplo rango de sectores. En 2018 decide deixar o seu traballo para atopar proxectos que tivesen un impacto social positivo. Únese a Vizzuality onde traballa nos fascinantes mundos da biodiversidade e a igualdade. Alí descubre o seu amor pola visualización de datos, mesturando ciencia e deseño.
Actualmente experimenta con visualizacións 3D onde a arte únese á tecnoloxía e á ciencia para xerar unha conexión emocional maior no espectador.
-
Pablo Amade conta cunha experiencia de casi 20 anos entre o mundo da publicidade, do dixital e do branding.
Formouse como creativo na Central Saint Martins School of Art & Design de Londres e traballou para diferentes estudos e axencias de UK e España como Sra. Rushmore, McCann Worldgroup, Saffron Brand Consultants e máis recentemente como director creativo para Summa Branding en Barcelona.
Agora traballa de xeito independente para marcas como Vicio, cuxa estratexia e identidade están pensadas para transmitir unha mensaxe directa, carnal e que fale a través do desexo. O desexo de recibir o que a cada persoa lle pida o corpo.
-
O camiño da chef Lucía Freitas comezou cando, aos 19 anos, empezou os seus estudos na Escola Superior de Hostalaría de Artxanda (Bilbao).
Desde entón non cesou na súa formación e acumula múltiples logros como a apertura internacional en Nova York de Tomiño, Taberna Galega no ano 2017.
A andadura de Laura Delgado empeza na Escola de Artes e Oficios, época na que se especializou en pezas de réplicas de época castreña. Máis adiante, co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, puido abrirse camiño en ferias internacionais. Con eles, a súa cerámica chegou a Londres, onde captou a atención do público xaponés.
Idoia Cuesta vive e traballa nunha zona de Galicia declarada Reserva da Biosfera.
A natureza e a paisaxe que lle rodean, os bosques, o río Miño, os vimbios que cultiva, as cegoñas que tellen os seus niños... lle inspiran e lle ofrecen a oportunidade de crear pezas que transmiten a nobreza e calidez das materias primas que utiliza.
I Encontro DAG
Presentacións da Asociación Galega de Deseño - DAG
Domingo 26 Xuño
12:00-14:00 / 16:00-18:00
Studio Follow
Streaming en gdw.gal
Domingo
12:00-14:00
Estudo da Economía do Deseño en Galicia
Código Deontolóxico do Deseño
Proxecto MEDRA
10ENAD
Domingo
16:00-18:00
Adrián Parcero
Alberto Rodríguez
Begoña Pastoriza
Thais Suárez
V Encontro de
Deseño para a
Innovación Empresarial
Impulsado pola Axencia Galega de Innovación no Día Mundial do Deseño Industrial
Mércores 29 Xuño
9:30-13:30
CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)
Streaming en gdw.gal
* autobús gratuíto desde a parada de Entrexardíns na Coruña ás 8:45 e volta ás 13:30
Recepción
9:30-10:30
Café de benvida
Entrega de material
Apertura
10:30-10:45
O deseño e a innovación social como ferramentas para a transformación económica sustentable
Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación
David Barro, director da Fundación DIDAC
Futuro dixital e desenvolvemento sustentable
10:45-11:10
Mesa redonda
Proxectos 1ª Convocatoria DeseñaPeme
María Felisa Pouso Crespo, xerente de Star Electrónica
Miguel Pérez Lago, director de desenvolvemento de produto de MRF
11:10-11:40
Deseñar transparencia, seguridade e rastrexabilidade na contorna dixital
Carlota Corzo, cofundadora de Lázzaro
O rural como motor empresarial e de innovación
11:40-12:05
Mesa redonda
Proxectos 1ª Convocatoria DeseñaPeme
Idoia Cuesta, directora de produto de A-vida
Eugenia Juncal, directora de I+D de Granja Campomayor
Economía Circular e Creativa
12:05-12:30
Mesa redonda
Proxectos 1ª Convocatoria DeseñaPeme
Eva González Pérez, socia fundadora de Veigas de Sabugueiro
Isaac Piñeiro, director creativo de a-emotional light
Clausura
12:30-12:40
Francisco Conde López, Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia
12:40-13:30
Aperitivo networking