Workshops & Portfolio Review


Venres 24 a
Xoves 30 Xuño

Studio Follow

Workshops

Obradoiros especializados dirixidos a estudantes avanzados e profesionais

Luns 27 a
Xoves 30 Xuño

Studio Follow

Inscripcións gratuítas enviando un email a gdw@follow.gal

Renaturalizar polígonos industriais

Luns 27, 11:00-14:00

É posible naturalizar espazos eminentemente urbanizados? Hai vida mais alá das medianas vexetadas dun polígono industrial?

Novos métodos de planificación urbana sostible que integran no proxecto a fauna e a flora e permiten mellorar a engranaxe ecosistémica dos enclaves máis antropizados a cargo da paisaxista galega María Fandiño


mariafandino.com

 
  • Contidos

    Ferramentas de diagnose, fortalezas e debilidades para intervencions de re-naturalización de polígonos industriais. Caso práctico: polígono de Agrela.

    1. Introducción á ecoloxia nos entornos urbanos: corredores e conectores ecolóxicos.

    2. Casos prácticos: exemplos de naturalización de territorios altamente antropizados.

    3. Os polígonos industriais como espazos de oportunidade para mitigar o cambio climático: xestión da auga, regulación térmica (illa de calor), fauna e flora, mitigación de emisións de C02.

    4. Andainas in situ no Polígono de Agrela

    5. Conclusións: posibilidades de intervención no polígono.

    6. Debate.


    María Fandiño

    Licenciada en arquitectura (UDC) e máster oficial en Paisaxe (UPC). A súa inquedanza radica no nexo entre arquitectura e paisaxe, na economía de formas e no deseño de espazos que conxugan as dinámicas naturais e a estructura do territorio. Actualmente colabora como especialista en paisaxe e ordenación con diversos despachos de Barcelona, Madrid e Galicia. Paralelamente, desenvolve a súa actividade como arquitecta paisaxista realizando proxectos a diferentes escalas co seu obradoiro: PAISAXE.

    Combina a práctica profesional coa docencia e a investigación. Ten participado en congresos científicos en diferentes universidades a ambos lados do atlántico con artigos e conferencias que versan sobre a paisaxe cultural, o seu deseño e as formas no territorio. Ten realizados workshops sobre paisaxe, ecoloxía e renaturalización no programa do Máster de Arquitectura de Paisaxe en Barcelona, na Universidade Pontificia do Perú, na Universidade da Coruña, ao amparo da FETSAC, e actualmente é profesora no programa da Universidade de Virginia en Barcelona.

Relación obxecto-persoa

Mércores 29, 18:00-20:00

¿Inútil? Como continuación da exposición de Cadencia. ¿Los objetos sienten? Laboratorio 001 invítanos a investigar e experimentar conxuntamente sobre a relación obxecto-persoa. Unha reflexión sobre cómo interactuamos cos obxectos que nos rodean e que a miúdo refugamos

Todo ten un valor, simplemente hai que darlle unha oportunidade para entendelo. Nada é inútil


lab-001.com

 
  • Contidos

    O obradoiro consistirá na produción de prototipos de pezas de mobiliario con materiais recuperados.


    Laboratorio 001

    Marca de deseño que experimenta con espazo e materia. Conta con cinco liñas de actuación: Estudio (001), Efémero (002), Dirección de Arte (003), Tenda (004) e Concept House (005).

Intro al
Branding

Xoves 30, 12:00-14:00

Unha visión profunda das dinámicas profesionais empregadas nos procesos de creación e xestión de marcas en consultoría estratéxica da man de Masterbrand

Un percorrido polos conceptos, ferramentas e metodoloxías óptimas para a construción de marcas poderosas e competitivas, capaces de impactar positivamente no desenvolvemento e éxito das súas organizacións


masterbrand.es

  • Contidos

    1. Introdución ao branding: moito máis alá do logotipo

    2. Orixe do branding: unha de historia - desde cando importan as marcas?

    3. O poder estratéxico do branding: como impacta a marca no negocio dunha compañía

    4. Principais elementos que compoñen unha marca:
      Plataforma estratéxica
      Identidade visual
      Naming e tagline
      Tono de voz
      Arquitectura
      Activación
      Xestión continua
      Cultura

    5. Como ser un brander? Perfís e consellos


    Masterbrand

    Almudena Clemente, Senior Branding Advisor, ten máis de 20 anos de experiencia en consultoría estratéxica de marca internacional, docencia universitaria e investigación académica.

    Actualmente Almudena dirixe Masterbrand, primeira escola de avanzada de branding con máis de 12 anos de trayectoría na formación a profesionais e empresas.

    Anteriormente Almudena traballou como Head of strategy en Superunion España, dirixindo o departamento de consultoría estratéxica e liderando proxectos de consultoría e definición estratéxica cunha ampla experiencia no desenvolvemento de marcas corporativas.

    Algúns clientes para os que traballou son Telefónica, BBVA, Iberia, Cepsa, Bosch, Sanitas, KPMG, Almirall, Coca Cola, Tempos Vega Sicilia ou na creación de novas marcas como WiZink e Vivaz.

    Antes de exercer como consultora, Almudena traballou como investigadora asociada no Centro Internacional para a Competitividade do IESE en Madrid, creado en colaboración co Instituto para a Estratexia e Competitividade na Harvard Business School, liderado polo profesor Michael Porter. Anteriormente adquiriu tamén experiencia en TNS, axencia de servizos integrais de estudos de mercado dentro do grupo WPP.

    Diplomada en Ciencias Empresariais, Licenciada en Marketing por ICADE e con estudos de doutoramento e Master en Marketing dixital por The Power MBA, Almudena tamén impartiu clases durante 4 anos a estudantes de Administración e Dirección de Empresas en ICADE, ademais de colaboracións docentes con outras universidades como Universidade Complutense, CEU, Rey Juan Carlos ou escolas como The Atomic Garden.

    Tamén no ámbito académico Almudena foi a directora técnica e profesora do bloque de estratexia de marca do master oficial en branding de Superunion e a UCM, desde a súa creación en 2019 ata 2021.

 
 

Portfolio Review

Revisión de portfolios dirixida a estudantes e mozxs profesionais nos descansos das xornadas do Pro

Venres 24 a
Domingo 26 Xuño

Studio Follow


É necesario ter entrada do Pro para asistir