Sáb. 16.05 17:00–18:00
Programa

THRU

MOTION GRAPHICS

Sáb. 16.05
17:00–18:00
Gratuita

THRU é un estudo de motion design que potencia os valores das marcas a través de identidades en movemento. Con máis de 10 anos de experiencia en deseño, motion e branding, lideraron máis de 100 proxectos en colaboración con clientes de todo o mundo.

En THRU fusionan deseño e movemento para crear identidades adaptables. A súa filosofía considera o motion non como un complemento, senón como unha extensión natural do deseño. Este enfoque permítelles impulsar cambios significativos, tanto en proxectos de gran escala como en iniciativas motivadas por valores sociais e culturais.

David, o seu fundador, é deseñador gráfico especializado en motion design. É graduado en deseño gráfico e posgrao en motion graphics por Idep Barcelona e diplomado en mercadotecnia e xestión comercial por ESIC e Skema Bussines School. Traballou no estudo Mucho, onde desenvolveu principalmente proxectos de identidade. De 2015 a 2018 traballou como freelance, en 2019 fundou o estudo Gimmewings e, posteriormente, en 2022 funda o estudo de motion design THRU.

thrumotion.com
instagram.com/thru.motion
BARCELONA