Xov. 14.05 20:00–21:30
Programa

SUBASTA

Xov. 14.05
20:00–21:30

Off

Restory

Gratuita

Abrimos o OFF do festival cunha das famosas poxas de Restory, esta vez dedicada 100% ao deseño. Non te perdas rarezas, exquisiteces, cervexas Alhambra e boa compañía.

 

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/restory.books