Xov. 21.05 22:30–23:30
Programa

SLOWLIGHT

EXPERIENCIA COLECTIVA DE ARTE LUMÍNICO

Xov. 21.05
22:30–23:30
Gratuita

Experiencia efémera de arte lumínico cidadán que mestura iluminación creativa e fotografía e xorde da espontaneidade e creatividade individual e colectiva. As e os participantes percorrerán a Cidade Vella da Coruña acompañados dun guía especializado, interactuando coa súa paisaxe a través de lanternas técnicas e transformándoo de modo efémero e irrepetible, xerando unha instantánea única para ser fotografada.

O evento está promovido pola asociación Slowlight, que promove unha nova cultura de iluminación pública sostible.

slowlight.es
instagram.com/asociacion_slowlight