Ven. 22.05 22:00–23:30
Programa

RAFA SANTOS

FOLLOW THE FLOW \Studio Follow + Restory

Ven. 22.05
22:00–23:30

Sessions

Studio Follow

Gratuita

Rafa Santos é un produtor musical madrileño en activo desde o 2013. Ademais desta sesión musical, o mesmo venres 22 pola mañá impartirá un workshop sobre creación musical. Rafa é coordinador dos Máster de Produción de Música Urbana e Electrónica en SAE Madrid, alén de CEO e A&R de MATE Records, selo en formato físico con máis de 25 referencias no mercado e que achega a cultura de NY, Chicago e Detroit ás nosas fronteiras.

instagram.com/rafasantos_mate
MADRID

 

FOLLOW THE FLOW é un proxecto de STUDIO FOLLOW en colaboración con outros axentes creativos, como Restory.

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/studiofollow
instagram.com/restory.books