PROTOCOLO CIUDAD
FOLLOW THE FLOW \Studio Follow + Restory
Presenta a súa proposta de protocolo fronte ao público.
Unha posta en escena coidada, directa e con identidade propia, onde todo converge nunha mesma visión. Comparten unha pequena píldora do que define o noso ADN, construída desde o colectivo.
Nesta ocasión, un dos seus integrantes abre a ventá sonora cun set 100% a vinilo: Caste afástase do habitual para explorar unha faceta pouco vista, tecendo texturas e seleccións que nacen do núcleo do proxecto.
O son e a imaxe entrelázanse en tempo real con visuais creados polo propio colectivo, dando forma a unha experiencia única onde cada parte suma e sostén o conxunto.
instagram.com/protocolociudad
CORUÑA
FOLLOW THE FLOW é un proxecto de STUDIO FOLLOW en colaboración con outros axentes creativos, como Restory.
Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.