NOVODESEÑOGALEGO
microTalks
Con motivo de exposición #novodeseñogalego dentro da GDW26, Restory acolle presentacións curtas das e dos participantes mostrando o mellor talento emerxente de Galicia. O luns será a quenda para:
Andrea Ures
instagram.com/andreaures.work
Laura Campos
instagram.com/laucamposl
María Cereijo
instagram.com/augasalgada
Nuclear
instagram.com/nuclearglasslab
Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.