Sáb. 16.05 10:00–14:00
Programa

NO CAP, TALLER LÚDICO DE FANZINES

ALEXANDER GROSS STUDIO

Sáb. 16.05
10:00–14:00

Workshops

Studio Follow

Inspirado no proxecto editorial NO CAP de Alexander Gross, este taller propón pensar a edición como un xesto autoral e a narrativa como un campo de xogo.

Como nun DJ set, onde cada track cobra un sentido distinto segundo o seu lugar na sesión, aquí as imaxes —propias, alleas, recentes ou rescatadas do arquivo— ordénanse, combinan e remezclan para xerar novas lecturas. Construirase un fanzine colectivo a través de dinámicas por quendas, decisións compartidas e un enfoque lúdico da montaxe.

Este non é un taller de técnica, senón un espazo para xogar coas imaxes, repensalas e propoñer novas narrativas desde o colectivo.

Este taller está dirixido a estudantes e profesionais de fotografía, deseño, arte e disciplinas visuais, así como a calquera persoa interesada na creación de narrativas visuais, o fanzine como formato experimental, os procesos de edición e afeccionados á fotografía.

É necesario achegar unha selección de imaxes, entre 5 e 10, para incorporar ao arquivo común, preferiblemente en jpg, tamaño A5 e a 300 dpi. Se tes dúbidas coa selección ou necesitas axuda para adaptar as imaxes podes traer o computador.

Non se require un coñecemento técnico avanzado: o enfoque é lúdico, colectivo e aberto. Só fai falta ter ganas de mirar, editar e xogar 🙂

alexandergross.studio
instagram.com/alexandergross.studio

Contido programado en colaboración con Restory.

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/restory.books