MENÉ
FOLLOW THE FLOW \Studio Follow + Restory
MENÉ une deseño de moda e música electrónica cunha identidade moi marcada pola cultura club. Tras o seu paso por Nova York e asentada en Galicia, afina o seu son cunha curiosidade constante pola escena techno global e polas comunidades que a rodean. O resultado é unha proposta versátil e con personalidade, capaz de moverse con naturalidade entre o techno e o minimal house, sempre cun enfoque dinámico, hipnótico e pensado para a pista de baile.
instagram.com/mene________
CORUÑA
FOLLOW THE FLOW é un proxecto de STUDIO FOLLOW en colaboración con outros axentes creativos, como Restory.
Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.