LIBROS, FLORES & MÚSICA
LETRAS GALEGAS + 1º ANIVERSARIO RESTORY
Con motivo do día das Letras Galegas e do seu primeiro aniversario na cidade, Restory transforma temporalmente a Bendita Flor nunha librería amenizada pola música de jes_set.
Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.
Bendita Flor é un taller floral situado na zona vella da Coruña, na praza de Santo Nicolás. O local, que con anterioridade albergou un taller de costura e unha tenda de roupa vintage, é de estilo Art Nouveau e invita a entrar e a descubrir todo o que hai no seu interior.
jes_set é unha DJ e artista baseada en Alacante, coñecida na escena clubbing pola súa versatilidade e sesións que combinan ritmo e sentimento, abarcando estilos desde o pop ata a electrónica.