Ven. 15.05 10:00–14:00
Programa

DESEÑO A TRAVÉS DO MOVEMENTO

Kit x Thru

Ven. 15.05
10:00–14:00

Workshops

Studio Follow

Workshop práctico centrado no desenvolvemento de pezas animadas a partir dunha idea conceptual definida polo profesor.

As e os alumnos traballarán en grupos de 3 sobre unha serie de styleframes proporcionados previamente, explorando como trasladar un deseño estático a movemento. Ao longo da sesión introduciranse fundamentos básicos de motion aplicados directamente ao exercicio.

O obxectivo é desenvolver distintas aplicacións animadas, como un post e unha narrativa de Instagram, entendendo o proceso de construción dunha peza desde concepto ata execución.

É necesario traer ordenador portátil propio con software de motion instalado previamente.

kitforlearning.com
thrumotion.com
instagram.com/thru.motion