GRACIAS POR SU VISITA
Gracias Por Su Visita é un dinner club itinerante. Un no-lugar onde a cultura local converxe en todas as súas formas: gastronómica, vinícola, artística, espacial, visual, musical…
Un proxecto identitario que rescata o ritual de sentarse ao redor dunha mesa única, na que caben todxs xs asistentes fronte a fronte, e que está en constante cambio, adaptándose a cada espazo.
Cada encontro, de aforo limitado, convida a pausar, probar, coñecer e conectar, tanto con outrxs comensais, como coas creativas e creativos locais convidados a colaborar nos encontros.
Detrás de GPSV hai un equipo fijo formado por Alba Vázquez, xerme e produtora do proxecto; Antxi, selectora dos viños naturais ; e Alejandro Álvarez, chef e director gastronómico.
No seu primeiro aniversario, este dinner club segue medrando e defendendo a cultura do disfrute compartido, consciente e local. E na GDW26 sentaranse á súa mesa protagonistas do festival xunto a outras persoas que desexen vivir a experiencia, para o que teñen que contactar co equipo de GPSV no seu instagram.