Ven. 15.05 18:00–19:00
Programa

FRANKA

IA \SLOPificación creativa

Ven. 15.05
18:00–19:00
Gratuita

Mentres falamos, a IA xenerativa ábrese paso nas industrias creativas; os LLM impoñen o seu pensamento e homogenizan o noso pensamento e textos xerando unha “estraña inflación intelectual”; centos de miles de usuarios usan Suno para crear cancións vía prompts e outros tantos automatizan os seus contidos e deseños con ferramentas asistidas. Os artistas sintéticos aparecen en prensa, cóanse en listas de éxitos e sen apenas saber como, atopámonos escoitando unha canción que nin sabemos se é real ou fake. Cando comezou o SLOP? Antes ou despois desta revolución? Desde cando hai rapeiros sintéticos? Quen é o causante real? A tecnoloxía, o seu uso ou nós? Todas as implicacións da expansión da IA no terreo das industrias creativas, con especial fincapé na musical, nunha conferencia que nos preparará para anticipar un futuro que xa está aquí (queirámolo ou non).

zonafranka.es
instagram.com/frankiepiza
BARCELONA

 

Contido programado en colaboración con Restory.

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/restory.books