Sáb. 16.05 19:00–20:00
Programa

FONDO

GASTRO

Sáb. 16.05
19:00–20:00
Gratuita

Estudo de deseño alimentario que traduce conceptos en situacións comestibles. Investigan a teoría contemporánea e as prácticas artísticas, e desenvolven a súa investigación a través da comida. O seu obxectivo é comunicar información xerando contextos baseados na alimentación como un formato expositivo lexítimo. Consideran a cociña como unha disciplina creativa válida na construción de significado.

O equipo de FONDO apoia ás mulleres nun intento de contrarrestar a falta de recoñecemento destas no sector da hostalaría e no mundo profesional en xeral. As súas integrantes: Sara Oldenburg (sommelier), Marta Moya (chef), Nora Silva (directora) e Belén Cabello (deseñadora).

Tamén insisten no uso exclusivo de produtos vexetarianos e veganos, asumindo así parte da responsabilidade climática dentro da industria alimentaria.

fondosupperclub.com
instagram.com/fondosupperclub
MADRID