DESIGNED IN GALICIA
O MELLOR DESEÑO DO ÚLTIMO ANO
Mostra do mellor deseño galego do último ano, premiado en diferentes certames de prestixio, con inauguración o martes 19 ás 12:00 no lateral da Autoridade Portuaria.
A instalación da exposición está deseñada e fabricada por Grupo Malasa, empresa familiar de raíces galegas, líder no deseño e produción de mobiliario a medida de alta calidade en toda Europa. Desde os seu inicios, traballan para dar forma a ideas, espazos e experiencias que destaquen pola súa calidade, funcionalidade e estética. A estrutura foi pensada para realzar cada proxecto, coidando cada detalle para que o deseño galego teña o escenario que merece. A biruta que podes ver no interior da estrutura é o material residual da súa actividade de fabricación, que se reutiliza e alimenta as súas caldeiras de biomasa.