DESIGN OFFICE FUN
GRÁFICO
Design Office Fun é un estudo de deseño que ofrece solucións creativas a través da filosofía do xogo, entendido como unha ferramenta para xerar coñecemento e explorar territorios visuais e conceptuais novos, así como para transformar a maneira de ver as cousas. Esta visión permítelles manter unha actitude curiosa, cuestionar normas establecidas e atopar orde e sistemas onde outros perciben caos.
Interésanlle os canons, as regras e os iconos, pero sempre desde unha perspectiva crítica, utilizándoos como punto de partida para revisalos e subvertilos, buscando sistemas de deseño no cotián.
O proceso creativo é o núcleo do seu traballo. Abordan cada proxecto con apertura e curiosidade, promovendo a co-creación con outras persoas e buscando un equilibrio entre prazos axustados e os seus propios marcos de traballo, o que lles permite explorar enfoques novos e inesperados en cada encargo.