Ven. 22.05 12:00–13:30
Programa

CREACIÓN DUNHA OBRA MUSICAL DESDE CERO

RAFA SANTOS

Ven. 22.05
12:00–13:30

Workshops

Studio Follow

O produtor musical madrileño Rafa Santos, enxeñeiro de son especializado en produción musical, mestura e mastering en activo desde o 2013, fará unha introdución a Ableton e Push 3 e elaborará unha obra musical desde cero en varias fases: secuenciación por pasos, xeración dunha estrutura rítmica e caixa harmónica, sampling, racks de efectos, gravación de estrutura a tempo real e, finalmente, interpretación da canción xerada.

Rafa é coordinador dos Máster de Produción de Música Urbana e Electrónica en SAE Madrid, alén de CEO e A&R de MATE Records, selo en formato físico con máis de 25 referencias no mercado e que achega a cultura de NY, Chicago e Detroit ás nosas fronteiras.

 

Contido programado en colaboración con Restory.

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/restory.books