CERTAIN PEOPLE
FOLLOW THE FLOW \Studio Follow + Restory
Certain People é o nome artístico de José González, un recoñecido DJ, produtor e selector de música electrónica con máis de 25 anos de traxectoria, asentado en Pontevedra. É unha figura clave na escena galega, fundador do selo Certain Music e organizador de eventos como o Senda Festival.
instagram.com/certain_peoople
PONTEVEDRA
FOLLOW THE FLOW é un proxecto de STUDIO FOLLOW en colaboración con outros axentes creativos, como Restory.
Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.