Sáb. 16.05 23:30–01:00
Programa

ALEXANDER GROSS

FOLLOW THE FLOW \Studio Follow + Restory

Sáb. 16.05
23:30–01:00

Sessions

Studio Follow

Gratuita

Alexander Gross, fotógrafo, deseñador, artista visual e docente nado en Jerez de la Frontera (España), é licenciado en Belas Artes pola UCLM e actualmente vive e traballa en Madrid.

Fotógrafo e deseñador desde 2015, realizou traballos para marcas como Adidas, Footdistrict, Create, Jägermeister, Vans, JB, Beemine Lab, Windsor & Newton ou Prime Vídeo, o mesmo que para institucións culturais como o Museo Nacional Reina Sofía, Teatros del Canal, Matadero Madrid ou La Casa Encendida.

Desde 2019 compaxina a súa actividade profesional coa docencia e impartiu workshops e materias no Istituto Europeo di Design, UCLM, CANELA espazo creativo ou Vogue College of Fashion. En 2017 foi artista invitado e docente na Universidade de Caldas (Colombia).

Como artista materializa os seus proxectos tanto en formato editorial, con gran interese na autoedición, como en proxectos expositivos. O seu traballo foi mostrado en Los Angeles Art Book Fair (USA), Manizales (Colombia), Gante (Bélxica) ou Madrid.

instagram.com/iamalexandergross
MADRID

 

FOLLOW THE FLOW é un proxecto de STUDIO FOLLOW en colaboración con outros axentes creativos, como Restory.

Restory, Rare books for Rare people é unha librería de segunda man especializada en artes, pensamento crítico, fotografía e literatura, fundada en 2020 en Barcelona e trasladada á Coruña fai un ano. Caracterízase por seleccionar xoias bibliográficas, a miúdo descatalogadas ou raras, funcionando máis como unha colección en movemento que como unha librería convencional.

instagram.com/studiofollow
instagram.com/restory.books